Associa-te

    LNB 23/24

    Apoia-nos

    Outro Garañón...

    Revista A Malha Nº 2

    Revista A Malha Nº 1

          Busca

        Em lembrança de Suso/Susana do Páramo. 23-5-15

        01-06-15

        Publicamos a seguir alguns dos textos dedicados a Suso na homenagem no passado dia 23 de maio.

        NA LEMBRANZA (feliz) DE SUSO DE PÁRAMO
        Mero (Baldomero Iglesias), compoñente do grupo de música galega ?A Quenlla?.

        Coñecín e precieime de saber a Suso do Páramo.
        Aínda xantabamos xuntos moitas veces no Breogán
        cociña solemne de calquera mesa normal e familiar.
        El, habitando a reflexiva súa soidade desde a dor
        na que perdido, aloumiñaba soños e buscaba
        esa tola definición ?norte/sur, día/noite, negro/branco,
        home/muller, sol e sombra, doce, amargo-
        que nunca entenderemos e que sempre nos persigue
        e escapa da razón ao noso ego.
        Abrumado nos silencios, tentou determinar o mundo,
        necia idea, que nos oscupa e que nós, nunca ocupamos.
        Esta terra que nós somos é a nosa esencia,
        a paisaxe veloz que sempre ao lonxe nos eleva.
        E estamos brevemente ocupados nos días de subir e baixar,
        ocupados na tarefa imposible de comprender o tempo,
        de sabernos a nós no medio das ausencias e nostalxias,
        na fonda amargura das distancias e lamentos.
        E non damos máis, non podemos atender tanto rancor,
        tantos odios que nos sublevan, e que encirraron
        tantas rebelións desde a sua palabra, o seu sosego.
        Foi connosco, coas causas que defenden dignidades
        diante o abuso, só coas verbas e os silencios
        sen as armas de matar que nos abafan amenceres;
        nos seus días proletarios, da vida común ao andar con xeito,
        ir no camiño percorrendo distancias, de vagar
        moi a modiño, poñendo as cousas no seu sitio.
        Sen máis lerias entendiamonos ben, xa desde a ollada.
        E hoxe, aínda hoxe, busco no Breogán o seu espazo
        o seu rostro favorable ao meu abrazo!
        E busco a súa vitoria, a súa conquista en poesía.
        A verdade é o seu triunfo, a súa conquista,
        ? e é a nosa tamén, en referencias e aromas
        en desexos de lembrar, hoxe, un amigo!

        Feita para o acto de homenaxe a Suso, no Madia-Leva
        Mero, 21 de maio do 2015

        A LOITA CONTINUA
        Claudio Rodriguez Fer

        Dende a memoria da licenciada e arquiveira
        Juana Capdevielle, esposa do gobernador
        Republicano Francisco Pérez Carballo,
        E da mestra Mercedes Romero Abella,
        Esposa do socialista Francisco Mazariegos,
        Que en 1936 foron secuestradas na Coruña,
        Tras ser fusilados os seus homes,
        E apareceron torturadas, violadas e asasinadas
        En senllas cunetas da España de Franco,
        Contra a barbarie,
        A loita continúa,

        Dende a memoria do editor Ánxel Casal,
        Alcalde galeguista de Santiago de Compostela,
        Detido nunha aldea de Arzúa
        E paseado nunha virada de Cacheiras,
        Que algún día florecerá cos libros
        Queimados e nonnatos,
        Contra a incultura,
        A loita continúa.

        Dende a memoria da familia socialista Bilbatúa
        E da familia comunista Araújo Conde
        (Un membro da cal apareceu paseado
        Coa lingua curtada e metida nun peto),
        Dezmadas nos masacres de Vigo
        Que inzaron de sangue o Cabo Silleiro,
        O cemiterio de Cabral e a curva de Puxeiros,
        Contra a intolerancia,
        A loita continúa.

        Dende a memoria de Alexandre Bóveda,
        Fusilado no alto da fraga da Caeira,
        E que antes de morrer escribiu
        Que soamente ?Quixen facer ben,
        Traballei por Pontevedra, por
        Galicia e pola República?
        E que o condenaba ?o trabucado xuízo dos homes
        (Que eu perdoo e todos debedes perdoar)?,
        Contra a violencia,
        A loita continúa.

        Dende a memoria da familia exterminada
        Do comunista Benigno Álvarez,
        Ou da conciencia de Marcial Valente,
        Un dereitista cristián que se negou
        A participar nas sacas e paseos de Ourense,
        Polo que foi detivo e arrestado,
        Pero a quen nunca se puido encarcerar
        A xerminal poesía da dignidade
        Que había de agromar nun fillo seu,
        Contra a represión,
        A loita continúa.

        Dende a memoria do albanel anarquista
        Luís Souto Neira,
        Mutilado e asasinado en Lugo,
        Ou do médico masón Rafael de Vega Barrera,
        Acusado pola envexa
        E fusilado polo terrorismo de estado,
        Contra a insidia,
        A loita continúa.
        Dende a memoria das mulleres e homes
        Asasinados na matanza de Montecubeiro
        E nos masacres da Guarda e de Tui,
        Que encheron de sangue toda a terra
        Entre a montaña e o mar,
        Ou na redada Brandariz, tramada para acabar
        Cos círculos ácratas da Galicia libertaria,
        Contra o odio,
        A loita continúa.

        Dende a memoria dos fuxidos
        Polos montes e polos mares
        E dos agachados
        Nos tobos clandestinos
        Que se opuxeron á tiranía,
        E que caeron acosados,
        Contra a opresión,
        A loita continúa.

        Dende a memoria dos obreiros
        Amador Rey e Daniel Niebla,
        Abatidos a balazos
        Pola policía franquista
        Cando reclamaban melloras salariais
        No Ferrol do patrón da patronal,
        Contra a inxustiza,
        A loita continúa.

        Dende a memoria de cada acto
        De guerra e de posguerra,
        De tortura, de censura,
        De depuración, de exilio,
        De humillación e de esquecemento
        Padecidos polos que sufriron,
        Sufrimos e sufrirán aínda o mal
        De mil novecentos trinta e seis,
        A loita continúa.

        Poema que Claudio recitou entre outros no acto de homenaxe a Suso


        VIVIREMOS NA FLORESTA

        Viviremos na floresta
        rodeadas de animais
        que reciclarám o lixo
        mas non irán á despensa;
        teremos a nosa cama
        xunto dos nobres carballos,
        quentaremos a lareira
        que faremos de arxila;
        queimaremos xestas, uces,
        toxos e tamén carqueixas.
        Coidaremos os coellos,
        as galiñas e as ovellas.
        Os abellóns andarán
        á beira da nosa casa
        e polinizarán todo
        canto rodee o lar noso.
        Iremos da biblioteca
        para a alcoba e a cociña.
        E cando chova ben forte
        andaremos baixo as pólas,
        anfitrioas de animais
        que fuxindo da humidade
        e guiados polo cheiro
        que sae da comida quente
        pasarán días con nós.

        Poema de Suso do Páramo, 2014
        Lido por Isidro Novo no Madia Leva
        23-5-2015


        COMO RUXIRÁN OS PAXAROS?

        Como ruxirán os paxaros
        debaixo das cerdeiras
        que medrando desde o chao
        buscan a luz do sol
        Sobre das outras árbores
        dando vermello e branco.
        E polos verdes carballos
        e os xa vellos castiñeiros
        haberá niños cantando
        con cambio de horas e sons.
        Así se formarán boscos
        en anos cheos de vida
        que a brutalidade desfai.
        As abellas polinizan,
        os paxaros gardan gra
        e os roedores tamén.

        Poema de Suso do Páramo, 2015
        Lido por Isidro Novo no Madia Leva
        23-5-2015

        Escrito ?s 17:45:19 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 1000 palavras, 356 views     Chuza!
        Jornadas: experiências de ensino alternativo em galego. 30 de maio.

        26-05-15

        O dia 30 de maio organizamos junto coas Nais cooperativas.
        Programa completo

        Experiências de ensino alternativo em galego.
        Formas de intervençom na educaçom pública e projectos comunitários.

        1ª sessom de manhá. (A educaçom pública a debate)

        10h30-11h30 Santiago Quiroga. (mestre de primária)
        Crítica da escola estatal como mecanismo de controlo da infáncia e reproduçom social.

        11h30-12h00 pausa

        12h00-13h30 Un paso polo futuro. (Colectivo de nais e pais do CEIP de Sárria)
        Experiências de intervençom na escola pública

        14h30-15h30 Jantar-Convívio.

        2 ª sessom de tarde. (A educaçom comunitária)

        16h00-17h00 Narciso de Gabriel (Professor de História da Educaçom da UDC)
        A cultura escolar popular e as escolas de ferrado.

        17h00-18h00 Escola Semente de Compostela e Ferrolterra.
        Umha experiência de ensino autogestionado.

        18h00-18h30 pausa

        18h30-19h30 Fundación socio-educativa Antonio Gandoy.
        Preescolar na casa e a educaçom no rural.

        Escrito ?s 14:09:33 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 132 palavras, 562 views     Chuza!
        Grupo de estudos a sexta 22.

        18-05-15

        Esta sexta 22 de maio nova sessom do grupo de estudos nesta semana no centro social Mádia Leva!
        Texto de debate: A experiencia autoxestionaria durante a guerra civil.

        Escrito ?s 17:11:32 nas castegorias: grupo de estudos, album
        por SCMadiaLeva   , 27 palavras, 397 views     Chuza!
        Editoras independentes e usos do galego.

        18-05-15

        Como no ano passado chega o mês de maio e celebramos o Mês da Língua (Dia das Letras Galegas (17 de maio) e o Dia de Camões (10 de junho) . O sábado 23 de maio às 19h30 organizamos umha mesa redonda com editoras galegas .Na mesma participarám:

        - Xemma Tedin de Através Editora
        - David Pérez de Estaleiro Editora
        - Representante de Editorial Hugin e Munin.
        Já desde às 19h00 haverá material à venda das editoras que participam na mesa redonda.

        Podemos adiantar que no mesmo dia ao rematar coa palestra às 21h00 organizamos umha homenagem ao escritor e militante independentista Suso do Páramo que nos deixou o passado mês de março.Haverá um recital poético no que participarám Carmen Blanco, Claudio Rodriguez Fer, Isidro Novo. Iremos confirmando novidades sobre este acto nos vindeiros dias.

        Escrito ?s 14:26:00 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 128 palavras, 395 views     Chuza!
        Intervençom do centro social no acto do Dia das Letras.

        18-05-15

        Reproduzimos a seguir o texto lido no acto de ontem na praça Maior organizado pola Plataforma Queremos Galego.

        Hoje, olhando o panorama da nossa língua, nom é um dia de festa, senom que deveria ser um dia de luita e reivindicaçom. Sei que cada quem conta a feira como lhe foi e que haverá gente que esteja de acordo em que este ano se lhe dedique a Filgueira Valverde.
        Alguns dim que, para estas cousas, tanto tem a ideologia, mas nom é este o caso porque essa ideologia franquista de Filqueira perseguiu e proibiu o que hoje lembramos aqui, as Letras Galegas e a exaltaçom do nosso idioma.
        Alonso Montero empenha-se em seguir metendo a pata engadindo ao primeiro erro (o da eleiçom deste senhor) mais erros escrevendo um livro aclaratório; se quadra pensa, como um cubano famoso, que "a história o absolverá".
        Desde logo há muitas pessoas mais merecentes deste dia, alguns falam de Manuel Maria, por outras é proposto Carvalho Calero, e por isso vou ler um pequeno texto seu no que se reflictem as suas posiçons lingüísticas e explica a sua marginaçom passada e presente do mundo académico.

        "Por suposto, todo o mundo sabe que eu professo em matéria de Política Linguística as ideias tradicionais, as ideias de Castelão, e como essas ideias são contrárias às ideias que reinam no mundo oficial, no aspecto cultural, pois, não tenho muito predicamento, ao parecer, dentro dessas esferas. Consideram-me como um herege, como um cismático, ou como um corruptor da mocidade, e se me exclui positivamente dos organismos oficiais. Isto é evidente, [...] é verdade que se me considera um obstáculo para o desenvolvimento duma determinada Política Linguística e se me exclui decididamente em geral do mundo cientificoliterário que está servido por pessoas afectas às ideias reinantes, que são mais bem isolacionistas do que reintegracionistas"

        Escrito ?s 14:02:32 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 304 palavras, 202 views     Chuza!
        Chega o Dia das Letras

        13-05-15

        A Plataforma Cidadá Queremos Galego organizará com motivo do 17 de Maio, Dia das Letras Galegas um acto público o domingo às 11h30 horas na praça Maior (diante do Concelho).
        E esta quinta-feira, dia 14 de maio, a partir das 20h00 foliada das Letras.
        Participa!

        Escrito ?s 14:01:51 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 43 palavras, 271 views     Chuza!
        Concentraçom solidária esta sexta-feira.

        06-05-15

        A vindeira sexta feira, o companheiro Miguel está citado a declarar num juízo por estar acusado de ser o autor dumhas pintadas que aparecérom numha sucursal de Abanca da cidade. As legendas que se colocárom contra a fachada da entidade financieira denunciavam o recrudescimento das condiçons laborais das/os trabalhadoras/es e os injustos despidos realizados pola empresa.

        A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca umha concentraçom no mesmo dia às 10h45 em solidariedade com a pessoa imputada e contra a repressom sindical.Será diante dos julgados e animamos-vos a participar.

        Basta já de represssom contra quem luita contra os abusos e injustiças do sistema, mentres a banqueiros e patronal tenhem absoluta impunidade para quebrantar as normas !!!

        Escrito ?s 20:29:50 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 113 palavras, 286 views     Chuza!
        Grupo de estudos a sexta-feira dia 8.

        06-05-15

        Nova sessom a celebrar nesta sexta-feira no Ateneu Libertário A Engranaxe às 21h00. Recolhe os textos de debate nos centros sociais e participa. Haverá ceia prévia.
        O primeiro texto logo da apresentaçom do ciclo sobre democracia directa corresponde ao escritor anarquista estado-unidense Murray Bookchin fundador da escola da Ecologia Social. O texto é o municipalismo libertário.

        Escrito ?s 10:50:47 nas castegorias: grupo de estudos, album
        por SCMadiaLeva   , 56 palavras, 238 views     Chuza!
        Grupo de estudos: democracia directa.

        16-04-15

        O grupo de estudos volta na sexta-feira dia 24 de abril abrindo um novo ciclo de debates centrados na democracia directa. O dia 24 às 21h00 será a apresentaçom do curso que novamente organizamos o centro social Mádia Leva! e o Ateneu libertário A Engranaxe. Esta primeira juntança celebrará-se no Mádia Leva! e haverá umha ceia prévia. Para aquelas pessoas que queiram participar repartirám-se textos nesse dia.

        MATERIAIS
        Texto 1:"Municipalismo libertario" Murray Bookchin.
        Texto 2:"A experiencia autoxestionaria durante a guerra civil española" Luis Buendía García.
        Texto 3:"Os consellos obreiros" Anton Pannekoek.
        Texto 4:"O impasse cidadanista" Alain C.
        Texto 5:"Manifesto contra o trabalho" Grupo Krisis.
        Texto 6:"Do confederalismo democrático no Curdistám" Abdulah Occalam.
        Texto 7:"Da Jeira ao Concelho Aberto" Antom Santos.
        Texto 8:"Ghandi na Eira" Evans Pin.
        Texto 9:"Sociedades anarquistas: cara unha teoría do contrapoder imaxinario" David Graever.

        Escrito ?s 18:53:13 nas castegorias: grupo de estudos, album
        por SCMadiaLeva   , 135 palavras, 670 views     Chuza!
        Festa pola Revolução dos Cravos

        14-04-15

        O dia 25 de abril ceia e concerto posterior de A Bagunda. Para a ceia é preciso confirmar antes do 24 de abril a madialeva.gz@gmail.com ou bem na listagem que temos no centro social. Preço 8 euros.

        O movimento popular do 25 de abril é o maior acontecimento da história moderna de Portugal: derrubou a ditadura fascista,pujo fim às guerras coloniais, conquistou novos direitos para o povo,fôrom nacionalizados os grandes grupos monopolistas, ocuparom-se latifúndios...
        A ditadura cae com o golpe dos capitans. Esse momento foi fundamental na revoluçom e o seu símbolo fôrom os cravos que sustituirom os tiros. Mas o 25 de abril só tem sentido pola luita dos guerrilheiros africanos. Por isso quando se fala de revoluçom pacífica há que lembrar qual foi o seu detonante: os campos de batalha africanos onde perecerom e ficarom marcados para toda a vida centenas de milhares de jovens, enviados para defender o sistema capitalista português que detinha umha grande dependência colonial.
        A guerra dos pobres contra os mais pobres.
        Lá nasce o MFA (Movimento das Forças Armadas) que se forma nas teorias de Franz Fannon, Vasco Cabral ou Agostinho Neto. O Movimento das Forças Armadas foi tendendo a posiçons de esquerda a medida que as guerras coloniais estavam perdidas. Logo do 25 A o MFA promoveu umha 'revoluçom' por cima coas nacionalizaçons,a lei da reforma agrària, a aliança 'Povo-MFA',etc
        A irreverência e rebeldia da mocidade exibida em 25A e nesses anos foi sustituida hoje polo consumismo frenético, a apatia colectiva e o individualismo. Algo do que na Galiza nom estamos a salvo.Por isso também é bo lembrar o abril português. Hoje toca derrubar também umha ditadura, diferente a daquela altura mas semelhante em muitos aspeitos.
        Chama a atençom porque na Galiza mantemos viva a memória do abril português embora ao desencanto que veu depois. Contudo do que nom fica dúvida é que derrubou a ditadura mais longa da Europa. Será também que na Galiza o 25A vivemo-lo como facto contraposto à pactuada 'Transición' espanhola, da que se vanagloriam os acólitos do regime actual até com chovinismo.Galiza segue seqüestrada polo estado espanhol em maos dos continuadores do fascismo, dos herdeiros da ditadura, onde nada se mudou.
        Como afirima o estratega do 25A , Otelo Saraiva de Carvalho, aquele foi o único período no que o povo participou de verdade na política do país, todo era possível. Depois veu a democracia representativa a eliminar essa participaçom activa, limitando apenas ao voto.

        Escrito ?s 13:56:55 nas castegorias: album
        por SCMadiaLeva   , 401 palavras, 336 views     Chuza!

        << 1 ... 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 ... 137 >>

          madialeva.gz@gmail.com
          Rua Serra de Ancares 18
          Horário
          De segundas-feiras (luns) a sextas-feiras (venres) de 19h30 a 22h30
          CIF:G-27360825
            powered by b2evolution free blog software